martes. 26.05.2020 |
El tiempo
martes. 26.05.2020
El tiempo

Corentena nun cruceiro con 400 pasaxeiros en Barcelona tras un caso de Covid-19

A tripulante, indica Sanidade, atópase a bordo do barco e foi illada e continúa "con sintomatoloxía leve"

O Ministerio de Sanidade informou este xoves de que un cruceiro con 400 pasaxeiros de diversas nacionalidades atópase en corentena no porto de Barcelona tras ser detectado un caso de positivo de coronavirus nunha tripulante, que foi illada do resto da pasaxe.

Nun comunicado, Sanidade explica que este xoves solicitou a entrada no porto de Barcelona un cruceiro cuns 400 tripulantes de diversas nacionalidades a bordo e que a Declaración Marítima Sanitaria avisou da presenza dunha "tripulante con leve sintomatología compatible coa Covid-19", que deu positivo tras a proba.

"Ante este feito, e dado que os cruceiros teñen prohibida a entrada en portos españois, Sanidade Exterior enviou unha autorización de excepcionalidade para proceder ao desembarco desta tripulante", sinala na nota.

A tripulante, indica Sanidade, atópase a bordo do barco e foi illada e continúa "con sintomatoloxía leve".

O resto da tripulación, tamén a bordo da embarcación, atópase sen sintomaloxía declarada e permanece en corentena.

Corentena nun cruceiro con 400 pasaxeiros en Barcelona tras un caso...
Comentarios