lunes. 30.03.2020 |
El tiempo
lunes. 30.03.2020
El tiempo

Declaran o 12 de xaneiro 'Día da Morte Digna en Galicia' en honra a Ramón Sampedro

Ramón Sampedro. AEP
Ramón Sampedro. AEP

A data foi escollida pola asociación Dereito a Morrer Dignamente ao cumprirse 21 anos da morte do mariño

A asociación Dereito a Morrer Dignamente declarou o 12 de xaneiro como Día da Morte digna en Galicia en honra a Ramón Sampedro, o veciño de Porto do Son, que viviu prostrado nunha cama desde os 25 anos debido a unha tetraplexia e que se converteu nunha icona da loita pola eutanasia.

Sampedro, paralizado de pescozo para abaixo tras sufrir un accidente na praia das Furnas –Porto do Son–, puxo fin á súa vida o 12 de xaneiro de 1998 tras anos de loita nos xulgados para reclamar o suicidio asistido e que quen o auxiliase non se enfrontase a un delito.

Na súa memoria, a asociación DMD Galicia declara o 12 de xaneiro Día da Morte Digna en Galicia cando se cumpren 21 anos do falecemento de Sampedro por envelenamento de cianuro potásico facilitado pola súa compañeira sentimental Ramona Maneiro, quen, sete anos despois e tras prescribir o delito, admitiu fornecer a sustancia.

O colectivo organiza este sábado en Xuño –Porto do Son– unha xornada dividida en tres actos na que recordarán ao mariño e escritor galego.

Pola mañá, DMD Galicia instalará unha mesa informativa no mercadillo de Santa Uxía de Ribeira (A Coruña) a partir das 11.00 horas. ás 17.00 horas, a praia das Furnas acollerá un acto en recordo de Ramón Sampedro. O presidente da asociación a nivel federal, Javier Velasco, clausurará a xornada cunha conferencia que arrincará ás 18.00 horas. 

Declaran o 12 de xaneiro 'Día da Morte Digna en Galicia' en honra a...
Comentarios