sábado. 17.04.2021 |
El tiempo
sábado. 17.04.2021
El tiempo

Derrúbase en China un hotel designado para aloxar afectados polo coronavirus

Un efectivo do equipo de rescate axuda a saír a un home de entre os cascallos. XIAO FAN (Efe)
Un efectivo do equipo de rescate axuda a saír a un home de entre os cascallos. XIAO FAN (Efe)
Hai polo menos 70 persoas atrapadas baixo os cascallos deste establecemento de Cantón

Un hotel de cinco plantas designado como lugar de atención a enfermos do coronavirus esborrallouse este sábado na cidade chinesa de Cantón, provincia de Fujian (leste do país), segundo confirmaron os servizos de rescate ao Global Times.

Máis de 70 persoas continúan atrapadas baixo os cascallos do Xinjia Hotel, segundo as mesmas fontes ao diario, versión internacional do órgano portavoz do Partido Comunista de China.

Ata o momento foron rescatadas con vida 28 persoas mentres seguen os procedementos de rescate polo derrube, ocorrido ao redor das 19.30 –hora local– no barrio de Licheng.

O Ministerio de Xestión de Urxencias de China enviou un equipo ao lugar do colapso para axudar nas tarefas de salvamento.

Derrúbase en China un hotel designado para aloxar afectados polo...
Comentarios