As 'divorcionetas' que ofertan separacións 'low cost' en Leganés

'Se o camión do divorcio se che aparece, será que a ocasión o merece' é un dos eslogans do despacho de avogados que promove a iniciativa 

Unha das 'divorcionetas'. TWITTER (@gamusino)
photo_camera Unha das 'divorcionetas'. TWITTER (@gamusino)

Divorcios a 150 euros (por cónxuxe). É a oferta que o bufete de avogados de Leganés Cebrián & Asociados promociona en varias 'divorcionetas'.

'Se o camión do divorcio se che aparece, será que a ocasión o merece' e 'Xuntos ou separados, pero felices' son algúns dos eslogans que locen en rosa un camión, unha furgoneta e un Seat 600 e que  chamaron a atención dos veciños de Leganés durante os últimos días. 

O despacho promove o "divorcio ao alcance de todos" e promete "non cobrar nin un euro máis" aos cónxuxes que desexen separarse.

Comentarios