O garda civil da Manada intentou sacar o pasaporte a pesar de telo prohibido

Antonio Manuel Guerrero non pode saír de España e debe comparecer no xulgado tres días á semana

Antonio Manuel Guerrero. PEPO HERRERA
photo_camera Antonio Manuel Guerrero. PEPO HERRERA

Antonio Manuel Guerrero, o garda civil condenado a nove anos de prisión por abusos sexuais a unha moza nos Sanfermines de 2016 xunto cos outros catro membros da Manada, intentou o luns 25 obter o pasaporte, pero a súa petición foi rexeitada.

Segundo a dilixencia á que tivo acceso Efe, a xefa do equipo de expedición deses documentos na oficina de Tablada-Sevilla comunicoulle a imposibilidade de realizar ese trámite por ter prohibida a saída do territorio nacional.

ð???Pillado un dos membros da #LaManada intentaba obter un pasaporte... tendo en vigor unha prohibición de saída do territorio español por un Xulgado.#AsíNO < href="https://t.co/0LufjLXzt1">pic.twitter.com/0LufjLXzt1<> — Policía Nacional (\policia) 28 de xuño de 2018<>

Guerrero solicitara cita previa para realizar ese trámite e acudiu á oficina ás 11.30 horas. Unha hora despois, acudiu ao xulgado de garda de Sevilla para cumprir un dos requisitos que lle impuxo a Audiencia de Navarra para saír en liberdade.

Antonio Manuel Guerrero atópase en liberdade provisional desde o pasado venres 22 de xuño tras abonar a fianza de 6.000 euros que lle impuxo a Audiencia de Navarra para saír de prisión.

Como o resto dos condenados, debe comparecer os luns, mércores e venres no xulgado de garda da súa localidade de residencia e así o fixo o mesmo luns e o mércores.

Tamén ten prohibido acceder a Madrid, lugar de residencia da denunciante, coa que tampouco se poden comunicar por ningún medio ou procedemento.