domingo. 05.04.2020 |
El tiempo
domingo. 05.04.2020
El tiempo

Morre por coronavirus unha terceira persoa no norte de Italia

Xente con máscarillas protectoras en Codogno, no norte de Italia. EFE
Xente con máscarillas protectoras en Codogno, no norte de Italia. EFE
Trátase dunha anciá que xa levaba tempo hospitalizada
Unha muller italiana faleceu este domingo polo coronavirus na provincia de Cremona, na rexión de Lombardía, no norte de Italia, e é a terceira vítima mortal desde este venres, cando se detectou o brote que mantén a mais de 150 persoas contaxiadas, confirmaron as autoridades.

O concelleiro de benestar social da rexión de Lombardía, Giulio Gallera, comunicou en rolda de prensa que a terceira vítima é unha muller anciá que se atopaba desde xa hai tempo hospitalizada no departamento de oncoloxía do hospital de Crema, en Cremona, e que dera positivo ao virus.

Este terceiro falecemento únese ao do home de 78 anos de Vo' Euganeo, na provincia de Padua (Véneto) e ao dunha muller de 77 anos que estivo en Codogno, pero que faleceu o pasado 20 de febreiro na súa casa por complicacións respiratorias, aínda que deu positivo ao virus nunha proba realizada tras a súa morte

Gallera tamén actualizou a cifra de contaxiados en Lombardía que se eleva a 112 logo de realizar 880 análise, "polo que se dá unha media do 12 % de casos positivos respecto do analizados" e informou de que 53 dos infectados están hospitalizados e 17 na unidade de coidados intensivos.

Polo momento, no Véneto confirmaron 24 casos, dous deles atópanse ingresados no hospital de Venecia.

Igualmente aumentaron a nove os contaxiados en Piacenza, na veciña rexión de Emilia Romagna, mentres que ascenden a seis os positivos en Piamonte.

A estes únense os dous turistas chineses que foron diagnósticados hai varias semanas en Roma. 

Morre por coronavirus unha terceira persoa no norte de Italia
Comentarios