O Goberno autoriza o Open Arms a entrar en augas españolas con 311 migrantes

Os inmigrantes foron rescatados no Mediterráneo central e rexeitados por Italia e Malta

El buque de rescate humanitario Proactiva Open Arms. DOMENECH CASTELLÓ (EFE)
photo_camera El buque de rescate humanitario Proactiva Open Arms. DOMENECH CASTELLÓ (EFE)

A ONG catalá Proactiva Open Arms confirmou este s´bado que o goberno español lle autorizou a dirixirse a augas españolas para desembarcar aos 311 inmigrantes náufragos que rescatou o venres no Mediterráneo central, tras recibir a negativa de Italia e Malta de acollelos.

Mentres, o segundo barco da ONG, o Astral, partiucon comida e provisións ao encontro do Open Arms para asistirlle en alta mar, Proactiva Open Arms informou de que os dous barcos navegarán ata que se lles asigne un porto para desembarcar ás 311 persoas a bordo", sinalou unha portavoz da organización.

"Serán moitos e difíciles días de navegación, pero temos porto seguro", sinalaron os compoñentes desta organización dedicada ao rescate marítimo que ten a súa sede en Badalona (Barcelona).

O goberno de Malta si accedeu a que un dos seus helicópteros de salvamento evacuasen do Open Arms a unha muller, Saín, e ao seu bebé recentemente nacido de tan só dous días, Sam, rescatados o venres e que estaban delicados de saúde. 

Comentarios