O pai de 'El Prenda' culpa á vítima: "Ela foi buscalos, podía con 5 e con 25"

O home defende a inocencia do seu fillo, un dos cinco condenados por abuso sexual no xuízo contra La Manada

Pepe, o pai de 'El Prenda', durante o programa 'En el punto de mira'. CUATRO
photo_camera Pepe, o pai de 'El Prenda', durante o programa 'En el punto de mira'. CUATRO

Pepe, o pai de José Ángel Prenda, coñecido como El Prenda, defende a inocencia do seu fillo e dos outros catro membros de La Manada, condenados por un delito continuado de abuso sexual a 9 anos de prisión e ao pago dunha indemnización.

Asegura que é "un bo mozo" e que "coida deles" e non dubida en achacar a culpa á vítima: "O tropezo non o tivo el, nin os amigos, tívoo ela. Ela é a culpable".

O proxenitor explicou ao programa En el punto de mira, de Cyatro, que os mozos "eran moi guapos" e que a moza foi quen se dirixiu a eles.

"Os nenos son moi chulos, foi ela a que foi buscalos, que os sevillanos eran moi guapos, podía con 5 e con 25 sevillanos. Confío neles non na nena. Espero que haxa xustiza", manifesta o pai de El Prenda que leva máis de dous anos sen velo ao non poder viaxar ata o cárcere. 

A sentenza do caso de La Manada xerou gran malestar social ao non tipificar o ocorrido de agresión sexual.