Preocupación pola saúde de Merkel tras sufrir uns fortes tremores en público

A líder alemá quitou ferro ao asunto e atribuíuno a un suposto problema de deshidratación

A chanceler alemá, Angela Merkel  e o presidente de Ucraína, Volodymyr Zelensky. EFE
photo_camera A chanceler alemá, Angela Merkel e o presidente de Ucraína, Volodymyr Zelensky. EFE

A chanceler alemá, Angela Merkel, tratou de sacar ferro este luns ás especulacións desatadas sobre o seu estado de saúde polo visible tremor de mans e pernas que sufriu mentres recibía ao presidente de Ucraína, Vladímir Zelenski, de visita de traballo en Berlín.

"Estou ben, bebín polo menos tres vasos de auga, que parece que me faltaban, agora síntome de novo ben", dixo a chanceler ao ser preguntada por esa cuestión nunha comparecencia conxunta con Zelenski, posterior ao encontro mantido en Cancillería.

A líder alemá atribuíu así a un suposto problema de deshidratación o tremor, mentres dirixía un sorriso a Zelenski, quen á súa vez apuntou, en ton xovial que vira á chanceler "moi segura".

As imaxes da chanceler baixo o sol, con signos de debilidade física e suxeitándose repetidamente as mans para tratar de acougar o tremor, durante aproximadamente medio minuto e mentres soaba o himno alemán, convertéronse rapidamente en obxecto de comentarios nos medios alemáns.

Merkel, quen o próximo 17 de xullo cumprirá 65 anos, chegou ao poder en 2005 e foi reelixida para un cuarto mandato tras as eleccións xerais do pasado 2017.

O pasado outubro, tras unha serie de derrotas do seu bloque conservador en comicios rexionais, anunciou que non optará a un novo mandato tras a presente lexislatura, que previsiblemente acabará en 2021, e organizou a súa substitución como líder da Unión Cristianodemócrata (CDU) tras 18 anos á fronte do partido.

En decembro do ano pasado foi elixida para a xefatura do partido Annegret Kramp-Karrenbauer, leal á liña de Merkel aínda que cun perfil máis dereitista que esta.

Comentarios