
O Ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas están a planificar o despregamento necesario para poder realizar o test rápidos do coronavirus "inmediatamente" a todas as persoas que presenten síntomas da enfermidade.
Así o avanzou este mércores o director do Centro de Alertas e Urxencias Sanitarias do Ministerio de Sanidade, Fernando Simón, en rolda de prensa tras a reunión do Comité de Seguimento do Coronavirus.
Simón, que non puido precisar se estas probas se van a comezar a realizar o xoves ou o venres detallou que recibiron xa o primeiro envío deste test e que se distribuirán en coordinación coas comunidades autónomas e coa colaboración dos servizos de Atención Primaria, que fan seguimento telefónico aos casos sospeitosos.
Advertiu de que a extensión das probas "pode facer incrementar substancialmente o número de casos positivos", pero que o obxectivo é obter unha mostra representativa para, a partir de aí, poder establecer canto de diseminada ou non é a distribución do virus.