Simón di que contaxiarse para ser inmune "non é solidario nin prudente" 

Aínda que recoñece que "a transmisibilidade non é excesiva" nesta enfermidade, non se sabe a quen se pode contaxiar
Fernando Simón, este domingo en rolda de prensa. EFE
photo_camera Fernando Simón, este domingo en rolda de prensa. EFE

O director do Centro de Coordinación de Alertas e Urxencias Sanitarias (CCAES) do Ministerio de Sanidade, Fernando Simón, mostrouse en contra daqueles mozos que apostan por infectarse do coronavirus SARS-CoV-2 para inmunizarse. 

"Esta teoría de 'imos pasar a enfermidade e os problemas non son problema meu' non é nin a máis solidaria nin probablemente a máis prudente", sinalou na rolda de prensa deste domingo. 

Preguntado sobre este tema, Simón advertiu de que non se trata dun "problema individual ou persoal" que un novo pase o Covid-19, a enfermidade que causa o coronavirus, xa que o mero feito de estar infectado (con ou sen síntomas) pode provocar a transmisión do coronavirus "a moitas outras persoas". 

Aínda que recoñece que "a transmisibilidade non é excesiva" nesta enfermidade, non se sabe a quen se pode contaxiar. "Nunha enfermidade que afecta á sociedade enteira e na que a transmisión duns a outros pode chegar a afectar a grupos vulnerables, e sabendo que tivemos case 28.000 falecidos, non deberiamos expor aspectos como ese", considera. 

E lembra que se esta formulación de querer infectarse para inmunizarse se tivera en conta nos períodos iniciais da pandemia, poderíase chegar "a un número de falecidos, segundo os modelos que se manexaban naqueles momentos, de 250.000 a 300.000 falecidos". 

Comentarios