Zaragoza e a súa área de influencia e a cidade de Huesca retroceden desde hoxe á fase 2 da desescalada, nunha concepción flexibilizada segundo o Goberno de Aragón, polo incremento de casos detectados nestas zonas e unha tendencia que se prevé ao alta.
Así o anunciou este luns a conselleira aragonesa de Sanidade, Sira Repollés, quen engadiu que as catro comarcas que tiveron que desescalar á fase 2 o 22 de xuño (Cinca Medio, A Litera, Baixo Cinca e Baixo Aragón-Caspe) tamén entran nesa fase 2 "flexibilizada".
Ademais, a partir das 00.00 horas deste luns faise obrigatorio o uso da máscara en toda a Aragón.