A catedral de Santiago inicia as visitas guiadas nocturnas

Cada grupo de visitantes estará integrado por un máximo de 25 persoas
Visitas nocturnas a la Catedral
photo_camera Participantes nunha visita nocturna á catedral de Santiago. PEPE FERRÍN (AGN)

A catedral de Santiago de Compostela iniciará este martes un programa de visitas guiadas nocturnas, cun prezo de 25 euros por persoa, e que permitirá dar a coñecer o resultado dos traballos de restauración, así como a nova iluminación.

Esta iniciativa, impulsada pola Fundación Catedral de Santiago, ofrece visitas ao templo unha vez finalizado o horario de apertura ao público, e realizaranse en dúas quendas (ás 22.30 e ás 23.00 horas) de luns a sábado, excepto os venres, nos que só haberá visitas ás 23.00 horas.

Cada grupo de visitantes estará integrado por un máximo de 25 persoas, que irán acompañadas por un guía oficial de turismo. Así, poderán percorrer todo o interior da basílica, incluíndo o Pórtico da Gloria, e acceder a outros espazos menos coñecidos, como a Tribuna. Así mesmo, os grupos poderán visitar o Tesouro e a a Capela das Reliquias.

As entradas para as visitas (que teñen unha duración aproximada de 90 minutos) xa se poden reservar, con ata 15 días de antelación, na web https://entradas.catedraldesantiago.es/

Más en Actualidad Xacobea
Comentarios