martes. 19.11.2019 |
El tiempo
martes. 19.11.2019
El tiempo

Ara Malikian non poderá actuar en Vigo tras lesionarse un ombreiro

Ara Malikian. AG
Ara Malikian. AG

O violinista, que ía actuar o 3 de agosto en Castrelos, sufriu unha caída o pasado domingo baixando dun avión

Ara Malikian sufriu este domingo unha caída baixando pola escaleira do avión co que acababa de aterrar en Costa Rica para unha actuación, que lle provocou unha lesión no ombreiro que necesita operación quirúrxica. 

O violinista non poderá actuar durante os dous próximos meses por prescrición médica, de maneira que o concerto previsto en Vigo para o 3 de agosto suspendeuse. 

"Cando parece que o tocas cos dedos, baixas por unha escaleira de avión, chove e lesiónaste un ombreiro, non un pé ou un xeonllo ou o nariz, non, o ombreiro", escribe este martes o músico nun comunicado en redes sociais recollido por Europa Press. 

E aínda engade: "Así que hoxe opéranme e durante un tempo tereime que quedar en casa. ¿Recomendádesme algunha serie? ¿Onde se ven? ¿Que hai que facer? ¡En dous meses vólvovos a ver a todos! Prométovos que volverei con todas as miñas ganas". 

Ara Malikian non poderá actuar en Vigo tras lesionarse un ombreiro
Comentarios