O colectivo Os Ninguéns pide á RAG incluír no dicionario aporofobia

Aparece definido como o "medo e rexeitamento" ás persoas pobres

.
photo_camera .

O colectivo de Vigo Os Ninguéns remitiu á Real Academia Galega (RAG) un escrito solicitando a inclusión no dicionario galego do termo aporofobia, coa definición de "medo e rexeitamento" ás persoas pobres.

O día en que se celebran as Letras Galegas, este colectivo comunicou que hai dous días enviou esta petición ao presidente da RAG, Víctor Fernández Freixanes, co fin de reclamar a incorporación ao galego dunha afección que reflicte "comportamentos de actualidade".

Tal e como mantivo, "en demasiadas ocasións existen condutas de desprezo, humillacións e agresións verbais e físicas" ás persoas sen fogar, polo que chamou a incluír o novo termo tamén para "sensibilizar á opinión pública ante condutas aporofóbicas".

Comentarios