'A fábrica de nada', '30 lumes', 'Matria' e 'La mujer invisible' triunfan no festival Primavera do Cinema

O certame bateu este ano o seu récord ao recibir 283 cintas para participar no seu concurso

 

Juan de Castro cos premiados. EP
Juan de Castro cos premiados. EP

Juan de Castro co equipo do festival Primavera e os premiados.As longametraxes A fábrica de nada, 30 lumes, Tódalas mulleres que coñezo e Elis; así como as curtas Matria, La mujer invisible e O vestido de Myriam'triunfaron no palmarés da sétima edición do festival Primavera do Cinema, que chegou ao seu fin na noite deste domingo. 

Así, a película A fábrica de nada do portugués Pedro Pinho, que narra a historia dun grupo de traballadores que toma as rendas dunha fábrica a piques de ser desmantelada, levouse o premio do xurado a mellor longametraxe do mundo da lusofonía; mentres que 30 lumes de Diana Toucedo fíxose co galardón entre as cintas galegas. 

En canto aos premios do público, O vestido de Myriam'de Lucas H. Rossi gañou no apartado de mellor curtametraxe lusa, galardón que compartiron, na categoría galega, as cintas A muller invisible de Noemí Chantada e Matria de Álvaro Gago, curta que suma un novo recoñecemento após facerse, entre outros, o Gran Premio do Xurado no Festival de Sundance. 

Ademais, Elis de Hugo Prata e Tódalas mulleres que coñezo de Xiana do Teixeiro levaron o premio do público a mellor película lusa e galega, respectivamente. 

Por último, o galardón de mellor videoclip foi a parar a Xaime de Miranda por Infereis - Basanta; mentres que Áuga mole de Laura Gonçalves e Alexandra Ramires fíxose co premio a mellor curta de animación.

A gala de entrega de premios, celebrada na tarde noite deste domingo no Auditorio municipal de Vigo, o festival Primavera do Cinema pechou a sétima edición dun festival que se ha ir consolidando ano a ano e que, en 2018, bateu marca de participación ao recibir 283 cintas para participar no seu concurso. 
 

Comentarios