'Hoy soñaré' de Sabela aspira a representar a España en Eurovisión

O tema defendido pola pontesa cóase entre as dez cancións seleccionadas 

Sabela durante su actuación. TWITTER
photo_camera Sabela durante unha actuación. TWITTER

Hoy soñaré de Sabela é un dos dez temas seleccionados para representar a España en Eurovisión. Finalmente a pontesa conseguiu coarse na gala que La 1 emitirá este mes.

Despois de que este xoves RTVE anunciase as tres cancións elixidas por votación popular na súa web –Muérdeme, interpretada por María Villar; Hoy vuelvo a reír otra vez, defendida por Noelia Franco, e La clave, a cargo de Natalia Lacunza– este venres desvelou nunha nota as sete elixidas por unha "comisión de valoración".

Trátase de Hoy soñaré, composta por Jesús Cañadilla e Alejandro de Pinedo e que cantará Sabela; La venda, de Adriá Salas (La Pegatina), que corresponde a Miki; Nadie de Salva, de María Peláez, Nil Moliner e Javi Garabatto para Natalia e Miki, e No puedo más, de Leroy Sánchez, Louis Biancaniello e Nolan Sipe, que interpretará o gañador de OT 2018, Famous.

Carlos Right defenderá o tema Se te nota, de Juan Pablo Isaza e Juan Pablo Villamil (Morat); Julia Que quieres que haga, de David Santisteban e India Martínez, e Marilia Todo bien, de Sananda, Chris Wahle, Andreas Öhrn e Juan Carlos Fuguet López.

Intérpretes e compositores traballarán xuntos nestes dez temas a partir do luns e 48 horas antes da gala de elección do representante español en Eurovisión que emitirá proximamente La 1 poderanse escoitar todas as cancións completas. 

Comentarios