domingo. 09.08.2020 |
El tiempo
domingo. 09.08.2020
El tiempo

Mercedes Queixas, nova académica correspondente da RAG

Mercedes Queixas Zas. EP
Mercedes Queixas Zas. EP

Na votación valorouse "o labor da profesora e escritora a favor da difusión da cultura galega e o compromiso coa defensa do idioma"

A Real Academia Galega (RAG) nomeou a Mercedes Queixas Zas membro académica correspondente no pleno ordinario da institución que se celebrou na tarde do venres na Coruña. 

Na votación tívose en conta "o labor da profesora e escritora a favor da difusión da cultura galega e o compromiso coa defensa do idioma". 

Mercedes Queixas, natural da Coruña, é licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade da Coruña. Actualmente é profesora de lingua e literatura galegas no CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco (A Coruña). 

Ademais, entre 2007 e 2010 foi coordinadora territorial de Equipos de Normalización e Dinamización Lingística da provincia da Coruña, que depende da Secretaría Xeral de Política Lingística. 

Queixas é autora de ensaios divulgativos, estudos sobre a historia da lingua e a literatura galegas e biografías de personaxes das nosas letras. Desde 2005 é secretaria xeral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. 

Mercedes Queixas, nova académica correspondente da RAG
Comentarios