domingo. 06.12.2020 |
El tiempo
domingo. 06.12.2020
El tiempo

Morre Christopher Tolkien, fillo do autor de 'O señor dos aneis'

Foi responsable da publicación de numerosos textos inéditos do seu pai, incluído O Silmarillion

Christopher Tolkien, fillo do autor da saga O señor dos aneis, o escritor británico J.R.R. Tolkien, morreu aos 95 anos, anunciou este xoves a Tolkien Society.

Christopher, terceiro fillo do soado autor, foi responsable de catalogar, editar e publicar numerosos traballos que quedaran inéditos á morte do seu pai, en 1973, incluída a obra O Silmarillion.

Tamén debuxou moitos dos mapas que detallaban o mundo ficticio da Terra Media, onde se desenvolve a acción das principais novelas de Tolkien.

"O compromiso de Christopher coas obras do seu pai permitiu que visen a luz ducias de publicacións", subliñou nun comunicado o presidente da Tolkien Society, Shaun Gunner, que encomiou así mesmo o seu traballo como académico na Universidade de Oxford, onde deu clases de lingua inglesa entre 1964 e 1975.

O fillo do escritor "revelou a gran visión do seu pai dunha mitoloxía rica e complexa" ao editar O Silmarilión e "abriu unha fiestra cara ao proceso creativo de Tolkien", sinalou pola súa banda Dimitra Fimi, profesora da Universidade de Glasgow.

Os libros de O señor dos aneis foron adaptados ao cine nunha triloxía que asinou o director neozelandés Peter Jackson, estreada entre 2001 e 2003. 

En 2012, Christopher Tolkien criticou esa adaptación nunha entrevista co diario francés Le Monde na que consideraba que as películas "destriparon o libro" para convertelo nunha "cinta de acción".

Morre Christopher Tolkien, fillo do autor de 'O señor dos aneis'
Comentarios