miércoles. 21.10.2020 |
El tiempo
miércoles. 21.10.2020
El tiempo

Ourense celebra a primeira feira virtual do libro de Galicia

Libros. PIXABAY
Libros. PIXABAY
As librerías e as redes sociais serán as claves para este proxecto "piloto"

A primeira feira virtual do libro de Galicia celebrarase en Ourense desde este mércores, día 7, e ata o 10 de outubro, segundo informa a Federación de Librerías.

Nun comunicado, explica que "a especial situación sanitaria que vive esta cidade, levan a pór en marcha unha nova iniciativa, un proxecto piloto co que seguir levándolles a cultura aos cidadáns, tratando de manter a actividade nun dos sectores máis prexudicados pola pandemia sanitaria derivada do covid-19".

Deste xeito, a feira celebrarase nas propias librerías da cidade mantendo o programa xa deseñado, "pero convertido nunha proposta virtual, o que lle permitirá ao público coñecer de primeira man as propostas editoriais desta tempada".

Ao non poder levar a cabo os habituais encontros co público en persoa, as redes sociais servirán de punto de encontro para todos aqueles que queiran participar das actividades programadas, "xa que nelas poderanse ver os vídeos, audios e textos de cada escritor participante", indica.

As librerías ofrecerán nos seus escaparates un cartel co programa de cada día e porán a disposición do público os libros dos autores que participan na feira. 

Ourense celebra a primeira feira virtual do libro de Galicia
Comentarios