Domingo. 22.04.2018 |
El tiempo
Domingo. 22.04.2018
El tiempo

Século e década do himno galego

 

A RAG celebra este mércores nun acto na Coruña a estrea do Himno na Habana

 

A Real Academia Galega (RAG) celebra este mércores un acto literario e musical con motivo do 110 aniversario da estrea do Himno na Habana, organizado en colaboración co Instituto José Cornide.

A orixe do Himno, con letra do poema Os Pinos de Eduardo Pondal e música de Pascual Veiga, atópase no certame musical organizado por este último e o Orfeón Coruñés nº 4 en 1890, segundo informa a RAG nun comunicado.

O acto de conmemoración contará na Coruña coas achegas sobre distintos aspectos deste símbolo de Galicia do musicólogo e académico correspondente Fernando López-Acuña e do historiador e académico de número Ramón Villares.

A parte musical correrá a cargo de Queiman e Pousa.

A Academia pecha con esta homenaxe a celebración do centenario da morte de Eduardo Pondal (Ponteceso, 1835 - A Coruña, 1917).

Con motivo desta efeméride, publicou a antoloxía da súa poesía Eduardo Pondal. Os cantos eran da Patria (120 poemas), unha edición a cargo do profesor da Universidade da Coruña Manuel Ferreiro.

Pola súa banda, a Fundación Eduardo Pondal organizou o pasado sábado nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña os actos conmemorativos de peche do Ano Pondal, que consistiron nun recital de versos e unha ofrenda floral ao pé do busto do autor do himno de Galicia.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou na homenaxe, no que destacou a obra e a figura do escritor, a quen considerou "alicerce do noso Rexurdimento". 


Século e década do himno galego