miércoles. 01.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 01.12.2021
El tiempo

'O sol roubado', no Táboa Redonda desta fin de semana

Xa podes consultar o adianto dos contidos do suplemento 

Ramón Rozas condúcenos polo bosque de publicacións que celebran os 90 anos da publicación de De catro a catro, o poemario de Manuel Antonio. Manuel Gago tamén trata os ensaios sobre o escritor, pero preguntándose se debería ser tratado como un heroe ou como un vilán. Antonio Costa sitúanos nos reloxos deformes e felices do escritor Bruno Schulz. Javier Nogueira sospeita que La catedral y el niño é a mellor novela de Blanco Amor. Portorosa describe os mercados turcos, cheos de mercadorías, cores e vida. Lois Pérez pérdese en Monforte de Lemos e acaba atopándose en Lois Pereiro e Mina Loy. Jaureguizar escribe sobre Juan Tallón, que vén de publicar unha novela sobre o Waterloo que representou a crise en España.

'O sol roubado', no Táboa Redonda desta fin de semana
Comentarios