jueves. 21.11.2019 |
El tiempo
jueves. 21.11.2019
El tiempo

Uns ladróns asaltan a casa de Rosalía

Rosalía. INSTAGRAM
Rosalía. INSTAGRAM
A nai da artista estaba no interior do fogar pero non se decatou da intrusión

Uns ladróns asaltaron esta pasada madrugada a casa familiar da cantante catalá Rosalía en Sant Esteve Sesrovires (Barcelona).

Segundo informaron fontes dos Mossos d'Esquadra a Efe, durante a madrugada deste xoves uns ladróns entraron en casa da artista e cunha radial abriron a caixa forte que había nunha das habitacións e leváronse o contido. 

A nai da cantante, que estaba no interior do fogar no momento dos feitos, non se decatou da intrusión, que se produciu mentres Rosalía atopábase en Sevilla recollendo un premio. 

Descoñécese aínda que levaron os asaltantes da caixa forte, pero os Mossos xa están a investigar o suceso para esclarecer os feitos. 

Uns ladróns asaltan a casa de Rosalía
Comentarios