O vilalbés Martiño Maseda recolle en Mondoñedo o VII Premio de Poesía Leiras Pulpeiro 

O segundo premio recaeu en Alberte Momán Noval e o terceiro en Jorge Alonso García

Foto de familia do VII Premio de Poesía Leiras Pulpeiro. DEPUTACIÓN DE LUGO
photo_camera Foto de familia do VII Premio de Poesía Leiras Pulpeiro. DEPUTACIÓN DE LUGO

O poeta vilalbés Martiño Maseda foi galardoado co VII Premio de Poesía Leiras Pulpeiro que organiza o concello de Mondoñedo en colaboración coa área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo. 

O autor fíxose con este galardón pola súa obra Mapa de xeografía emocional. Pola súa banda, o segundo premio recaeu no ferrolán Alberte Momán Noval por 1(14)1 e o terceiro foi outorgado a Jorge Alonso García, nacido en Buenos Aires e asentado en Vilagarcía, por Documentos do escribinte

O secretario xeral de Política Lingística, Valentín García, participou este sábado na entrega dos galardóns, na que lembrou a importancia que ten o xénero poético e a que tivo no seu día na reincorporación do galego ao ámbito da cultura. 

Ademais, no acto tamén participou a alcaldesa da localidade, Elena Candia; a responsable de Cultura da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, e o crítico literario Armando Requeixo. 

Comentarios