Anuncian en Instagram a morte de Guardado e el responde

O xogador do Betis lamentou o que considera unha "falta de responsabilidade"

Andrés Guardado, en un partido contra el Celta. SALVADOR SAS
Andrés Guardado, en un partido contra el Celta. SALVADOR SAS

Unha conta de Instagram difundiu nas últimas horas o bulo da morte de Andrés Guardado, xogador do Betis e ex do Deportivo e a Valencia, entre outros equipos.

O xogador mexicano respondeu rapidamente nas redes: "Vivito e coleando". E engadiu: "Quero denunciar este tipo de actos que persoas a través dunha rede, por diversión ou polo que sexa, dean información sen saber o dano que poden facer ás familias e a toda á xente que me rodea".


"Paréceme unha falta de responsabilidade, de sensibilidade e de sentido do humor", lamentou Guardado.

Comentarios