Aspas: "Nin eramos o Barça do Guardiola nin agora somos o equipo do meu pobo"

O de Moaña cre que Cardoso caeu "con bo pé" no equipo

Aspas, con el balón en un momento del partido. SALVADOR SAS (EFE)
Aspas, con el balón en un momento del partido. SALVADOR SAS (EFE)

O internacional español Iago Aspas negou este mércores que o vestiario do Celta de Vigo estea "preocupado" por atoparse con só tres puntos de vantaxe sobre a zona de descenso, aínda que tampouco ocultou a importancia do choque deste sábado contra o pechacancelas Huesca, ao que tachou de rival "directo".

"Hai que volver gañar. Ás veces entras nunha dinámica negativa e as cousas non che saen, o fútbol é así. Cando ía a xornada tres e gañámoslle ao Atlético de Madrid pareciamos o Barcelona de Guardiola e agora parecemos o equipo do meu pobo, que leva sete ou oito partidos sen gañar", comentou Aspas tras recoller o seu quinto Trofeo Estrela Galicia.

Cando ía a xornada tres e gañámoslle ao Atlético de Madrid pareciamos o Barcelona de Guardiola e agora parecemos o equipo do meu pobo

O atacante galego recoñeceu que o seu equipo necesita "unha vitoria" para recuperar a confianza, e insistiu en que non ve ao Celta na pelexa polo descenso porque "hai equipos moito peores que nós".

"Agora mesmo vénnos un rival case directo como o Huesca e temos que sacar adiante este partido, iso é importantísimo. Non é unha final porque aínda queda moita Liga pero está claro que a ninguén lle gusta verse aí abaixo", manifestou o máximo goleador celeste.

"Cardoso caeu con bo pé"
Aspas eloxiou ao adestrador portugués Miguel Cardoso, "caeu con bo pé e ten unha boa filosofía", aínda que é consciente de que non terá "moito tempo" para impor a súa idea de xogo.

Cuestionado pola suplencia do internacional uruguaio Maxi Gómez en Anoeta, respondeu que "esas son situacións que ten que decidir o míster, eu non son o adestrador para pór ou quitar a un compañeiro". 

Comentarios