
O RC Celta inaugurará este sábado 17 de marzo a súa nova sede de Rúa do Príncipe cunha xornada festiva chea de música e animación. Entre as actuacións previstas figuran as dos triunfiños Roi Méndez e Luís Cepeda.
A xornada arrincará xa ás 12.00 horas, aínda que o prato forte chegará ás 19.00 horas baixo a presentación do actor Javier Veiga. Ademais de Roi e Cepeda actuarán tamén a viguesa Wöyza, o gaiteiro Budiño, Miguel Costas e, como peche, DJ Lagartija.
ð???ð??? #vémonosnasede < href="https://t.co/K2N5E6wmEG">pic.twitter.com/K2N5E6wmEG<> — A Sede RC Celta (\
ASedeRCCelta) 15 marzo 2018<>
Ademais, o club sortea entre os seus abonados 12 entradas para un acústico de Roi, Cepeda e Miriam que terá lugar ás 22.30 no Salón Rexio da Sede.