O Celta traspasa a Guidetti ao Alavés

A entidade que preside Carlos Mouriño expresou ao atacante o seu "sincero agradecemento polo esforzo, dedicación e compromiso"

John Guidetti. EP
photo_camera John Guidetti. EP

O Celta de Vigo oficializou este martes o traspaso do internacional sueco John Guidetti ao Deportivo Alavés, despois de que o club vitoriano executase a cláusula incluída no contrato da súa cesión.

"Unha vez finalizada a tempada, o Alavés executa a cláusula de traspaso do dianteiro Jonh Guidetti, quen deste xeito e tras a permanencia do cadro vitoriano deixa de pertencer á disciplina celeste", di o Celta nun comunicado.

A entidade que preside Carlos Mouriño expresou ao atacante o seu "sincero agradecemento polo esforzo, dedicación e compromiso" mostrados durante a súa "inesquecible" etapa no club, e deséxalle "un grande éxito" no futuro.

Comentarios