O club chinés que ía fichar a Iniesta rectifica

Chonquing Dandgai Lifan especifica nun comunicado que non se fará cos servizos do centrocampista "como xogador" ►Sergio Ramos ten a camiseta que o manchego vestiu no seu último clásico

Andŕes Iniesta.EP
photo_camera Andŕes Iniesta.EP

O equipo chinés Chonquing Dandgai Lifan, propiedade do dono do Granada, anunciou este luns nun comunicado que non fichará a Andrés Iniesta, aínda que subliña que si colaborará con el noutros ámbitos.

O club afirma que insistirá en investir "racionalmente", aínda que non irá "en contra da política de gastos da Federación" nin "destorcerá o mercado". No entanto, anuncia que "profundará na cooperación" co xogador". 

O presidente do, Chongqinq, Gong Daxing, daba por feita a incorporación do xogador do Barcelona ao seu persoal: “A súa chegada será un gran activo para Chongqinq e unha bonificación para a nosa marca”. Jiang Lizhang, dono do Granada, estaba detrás da operación, que a día de hoxe parece rota. En todo caso o xogador manchego tería outras opcións de clubs interesados nos seus servizos como xogador para a próxima tempada.

Ramos levou a camiseta coa que xogou o seu último 'clásico'

Andrés Iniesta regalou a camiseta coa que disputou o que será o seu último clásico ao capitán do Real Madrid, Sergio Ramos, que pousou coa elástica blaugrana nunha foto que difundiu en redes sociais.

"Botaráseche de menos, amigo", publicou Ramos. No detalle da instantánea apréciase unha dedicatoria de Iniesta ao madridista.

Máis aló do sucedido no terreo de xogo, o de onte será recordado como o #Clásico \andresiniesta8un clásico de verdade. Botaráseche de menos, amigo
Beyond what happened on the pitch, last night's will be remembered as Iniesta's Clásico. You will be missed, my friend pic.twitter.com/WVzNQA7ugh<> — Sergio Ramos (\SergioRamos) 7 de maio de 2018<>

"Para o meu compi Sergio, por moitos momentos xuntos e outros de rivais. Grazas e sorte", escribiu o centrocampista do Barcelona.

"Máis aló do sucedido no terreo de xogo, o de onte será recordado como o clásico de Andrés Iniesta, un clásico de verdade. Botaráseche de menos, amigo", destacou Ramos baixo a fotografía.

Comentarios