A Federación Galega destina 200.000 euros ao fútbol feminino

Louzán avanza que todos os clubs galegos de fútbol 11, fútbol 7 e fútbol 8 recibirán axudas

Rafael Louzán. EP
photo_camera Rafael Louzán. EP

A Federación Galega de Fútbol (FGF) anunciou este venres a posta en marcha dunha liña de axudas para os clubs de fútbol feminino, cunha dotación de 200.000 euros

"É a primeira vez que a Federación crea unha liña de axudas exclusiva para o fútbol feminino", destaca no seu comunicado o ente presidido por Rafael Louzán, que avanza que todos os clubs galegos de fútbol 11, fútbol 7 e fútbol 8 recibirán unha axuda "en función dos criterios obxectivos da categoría na que militan e os quilómetros por desprazamento".

Os clubs foron convocados a unha reunión o vindeiro luns 28 na sede da FGF en Santiago de Compostela, na que, segundo sinalou o ente federativo, tamén se abordarán as diferentes medidas que se están adoptando para promocionar o fútbol feminino nas categorías inferiores.

Comentarios