Guardiola desafía á FA e volve lucir o lazo amarelo

O adestrador do Manchester City saíu ao banco portando outros símbolos en alusión aos presos do procés

Pep Guardiola volveu a saltar a un campo de fútbol inglés co lazo amarelo que lle custou a sanción de 22.500 euros imposta pola FA.

O adestrador do Manchester City dirixiu o partido contra o Stoke City —que terminou con vitoria do conxunto manconiano grazas a dous goles de Silva— atabiado co lazo en apoio aos chamados "presos políticos" do procés, aínda que esta vez levábao parcialmente oculto baixo unha bufanda.

No entanto, o técnico quixo provocar con esta aparición, dado que nas solapas do seu abrigo portaba unha flor, tamén amarela, e a silueta dun home, unha nova alusión aos políticos encarcerados pola proclamación da república catalá do pasado mes de outubro.

Descoñécense se a FA volverá sancionar a Guardiola ou se este insistirá nas súas reivindicacións. O que é seguro, é que seguirá portando o lazo amarelo nas súas próximas citas europeas na liga de Campións, competición na que non existen restricións que prohiban este tipo de símbolos.

Comentarios