jueves. 21.10.2021 |
El tiempo
jueves. 21.10.2021
El tiempo

Iago Aspas non entrará na lista de convocados para o derbi

Iago Aspas. SALVADOR SAS (EFE)
Iago Aspas. SALVADOR SAS (EFE)

O dianteiro do Celta non se recuperou totalmente da súa lesión

 

O adestrador do Celta, Juan Carlos Unzué, confirmou que o internacional español Iago Aspas non foi convocado para o derbi ante o Deportivo da Coruña ao non recuperarse do todo da rotura fibrilar que sufriu no bíceps femoral dereito a mediados de abril.

"Iago fixo parte do adestramento co equipo pero ao final non ten as sensacións como para estar incluso uns minutos. A posibilidade de xogar todo o partido estaba descartada, había a opción de que estivese para 15 ou 20 minutos se houbese a necesidade pero tampouco ten boas sensacións", comentou o preparador navarro.

Unzué avanzou que Aspas quería xogar pero que o mellor é non forzar pola proximidade do Mundial: "O máis intelixente é parar, curar ben esa lesión. A ver se podemos telo para o seguinte partido".

Na lista de convocados, na que se estrea o dianteiro da filial Deixan Drazic, tampouco figuran o centrocampista Nemanja Radoja nin o extremo turco Emre Mor, ao que Unzué volveu apartar do grupo por indisciplina "Eu non lle pecho as portas a ninguén pero el repetiu con certa continuidade e o único que podo dicir é que está apartado".

A lista completa está formada por: Sergio Álvarez, Rubén, Hugo Mallo, Mazan, Cabral, Fontás, Roncaglia, Sergi Gómez, Jonny, Lobotka, Hernández, Wass, Pione Sisto, Jozabed, Brais Méndez, Aboiei, Maxi Gómez e Deixan Drazic.

Iago Aspas non entrará na lista de convocados para o derbi
Comentarios