jueves. 21.11.2019 |
El tiempo
jueves. 21.11.2019
El tiempo

Iago Aspas en 'La Resistencia': fútbol, fardos e un succionador de clítoris

Iago Aspas, na 'La Resistencia'. LA RESISTENCIA
Iago Aspas, na 'La Resistencia'. LA RESISTENCIA
O dianteiro galego acudiu ao programa presentado por David Broncano en Movistar

"Entre 6 e 8 millóns de patrimonio". A pesar de ser das últimas preguntas realizadas a Iago Aspas, era unha das máis esperadas polo público e o dianteiro galego non tremeu para responder ao xa mítico '¿canto diñeiro tes?' de La Resistencia.

'O príncipe das bateas' acudiu ao programa humorístico de David Broncano en Movistar, onde non lle perdeu a cara ao show en ningún momento.

Un dos momentos máis rechamantes da entrevista foi a promesa de celebración dun gol de Aspas. O presentador ofreceulle varias opcións, como un recordo da exhumación de Franco ou uns cans realizando o acto do coito. Mais a que sorprendeu e captou ao xogador do Celta, foi a recreación dun piloto de lancha tirando fardos de droga á ría. "Unha homenaxe á miña terra", dixo sarcásticamente.

Tamén houbo tempo para o fútbol, e Iago Aspas deixou clara as súas intencións por alcanzar a Pahíño como máximo anotador histórico do Celta de Vigo. Ademais, o de Moaña revelou o interese do Real Madrid fai un par de tempadas por facerse cos seus servizos.

A participación de Iago Aspas en La Resistencia terminou co dianteiro collendo un coche para ser trasladado ao aeroporto. No entanto houbo tempo para unha última 'troleada', e é que Broncano regaloulle un succionador de clítoris, mesturado nunha bolsa de avituallamento.

Iago Aspas en 'La Resistencia': fútbol, fardos e un succionador de...
Comentarios