Marcos Llorente é a novidade dunha lista da selección na que non está Aspas

Koke Resurrección, Álvaro Morata, Íñigo Martínez e Fabián Ruiz regresan á convocatoria de Luis Enrique
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera Marcos Llorente, durante un adestramento. EFE

Marcos Llorente é a gran novidade da convocatoria do seleccionador Luis Enrique Martínez para o amigable de España ante Países Baixos (día 11) e os encontros da liga de Nacións fronte a Suíza (día 14) e Alemaña (día 17), para os que regresan Koke Resurrección, Álvaro Morata, Íñigo Martínez e Fabián Ruiz, e na que destaca a ausencia, unha vez máis de Iago Aspas, que pasa por un bo momento.

Luis Enrique mantén unha convocatoria de 25 xogadores para "salvar posibles circunstancias que poden rodear" á selección en tempos de coronavirus e presente ata cinco novidades. Salvo na portería, onde se manteñen os mesmos porteiros, o resto de liñas do campo presentan cambios.

En defensa regresa Íñigo Martínez e queda fóra Diego Llorente. Ao centro do campo volve Koke tras dous anos de ausencia, sen xogar coa selección española desde o 11 de outubro de 2018. é novidade o seu compañeiro no Atlético de Madrid Marcos Llorente e a volta de Fabián Ruiz tras perderse a última convocatoria por estar confinado en Nápoles.

Segue sen entrar Thiago Alcántara unha vez superado o coronavirus e da última citación non figuran Dani Ceballos nin José Campaña. E na dianteira a ausencia por covid-19 de Rodrigo Moreno ocúpaa Álvaro Morata, en refacho goleador co Juventus. Deben seguir esperando o seu momento Marco Asensio, Iago Aspas ou Paco Alcácer, mentres que segue de baixa pola súa lesión de xeonllo o lateral Dani Carvajal.

A lista de convocados
Porteiros: David De Gea (Manchester United/ING), Kepa Arrizabalaga (Chelsea/ING) e Unai Simón (Athletic Club).
Defensas: Sergi Roberto (Barcelona), Jesús Navas (Sevilla), Sergio Ramos (Real Madrid), Eric García (Manchester City/ING), Pau Torres (Vilarreal), Iñigo Martínez (Athletic Club), José Gayá (Valencia), Sergio Reguilón (Tottenham/ING).
Centrocampistas: Rodri Hernández (Manchester City/ING), Sergio Busquets (Barcelona), Mikel Merino (Real Sociedade), Koke Resurrección e Marcos Llorente (Atlético de Madrid), Sergio Canales (Betis), Fabián Ruiz (Nápoles/ITA).
Dianteiros: Dani Olmo (Leipzig/GER), Adama Traore (Wolverhampton/ING), Ferrán Torres (Manchester City/ING), Mikel Oyarzábal (Real Sociedade), Gerard Moreno (Vilarreal), Ansu Fati (Barcelona), Álvaro Morata (Juventus/ITA). EFE

Comentarios