Nuria López, de novo campioa de España de atletismo en cadeira de rodas

A deportista do Saviñao bate o récord nacional en 100 metros e imponse tamén nos 200 e 400 en Castelló

Nuria López, durante el campeonato de España. EP
photo_camera Nuria López, durante o campionato de España. EP

A atleta natural do Saviñao Nuria López volveu proclamarse campioa de España de atletismo en cadeira de rodas. En concreto, os seus triunfos chegaron nas disciplinas de 100, 200 e 400 metros, no campionato de seleccións autonómicas disputado en Castelló.

Nuria López bateu ademais o récord de España de 100 metros, establecido en 1994 en 21,4 segundos. O seu rexistro foi de 20,47, o que supón unha baixada do seu mellor tempo, situado ata o pasado Nacional en 22,15 segundos.

En 200 metros, Nuria López fíxose co ouro tras chegar a meta en 40,10 segundos e en 400 metros, estableceu a súa marca en 1:20,50.

Comentarios