Piden en Change.org que castiguen a Ramos por lesionar a Salah

A petición alcanzou as 300.000 firmas desde que foi lanzada

Sergio Ramos refriega la cabeza a Cristiano Ronaldo. JAVIER ETXEZARRETA (EFE)
photo_camera Sergio Ramos refriega la cabeza a Cristiano Ronaldo. JAVIER ETXEZARRETA (EFE)

O xogador do Liverpool, Mohamed Salah, non puido xogar a final completa da Champions o sábado. ¿A razón? Dislocou o ombreiro dereito nun lance con Sergio Ramos.

O central sevillano agarrouno dun brazo para que non continuase co balón, non o soltou a tempo e caeu con todo o peso sobre o ombreiro. O partido cambiou desde ese momento, pero os problemas para o xogador exipcio poden continuar xa que podería ter problemas para ir ao Mundial de Rusia.

O texto de Change.org di o seguinte:

"Sergio Ramos agarrou intencionadamente o brazo de Mohamed Salah por baixo da súa axila, facendo que se dislocara o ombreiro e perdéndose non só o resto do partido, senón tamén o Mundial da Fifa de 2018.

Ademais, continuou actuando de xeito falso, coma se os xogadores do Liverpool lle fixeran falta, facendo que o árbitro lle sacase a Manei un cartón amarelo que non merecía.

Sergio Ramos representa un pésimo exemplo para as futuras xeracións de futbolistas. En lugar de gañar partidos limpamente, usa trucos que desafían ao espírito do partido e do xogo limpo.

A Uefa e a Fifa deberían tomar medidas contra Ramos e xogadores similares, utilizando gravacións de vídeo dos encontros para manter o espírito do xogo".

A petición tivo éxito. Xa excedeu as 300.000 firmas.

Comentarios