
Ignacio Rivera quixo motivar ao persoal dicindo que pagaría este regalo aos xogadores se logran a permanencia
O máximo accionista do Racing de Ferrol, Ignacio Rivera, está disposto a todo con tal de que o seu equipo permaneza a próxima tempada en Segunda División B.
O pasado domingo, despois do partido de Liga, dirixiuse ao persoal para motivala e prometeulles unha viaxe a Punta Cana para todo o equipo, incluíndo ás parellas dos futbolistas.
O conxunto ferrolán mídese o vindeiro domingo ao Rápido de Bouzas, duelo no que pon en xogo tres puntos vitais. Os xogadores xa contan cun bo empuxón moral para saír ao campo con ganas.