Raúl González adestrará o equipo de xuvenís B do Real Madrid

O excapitán merengue xa liderara como xogador o equipo nesta categoría

Raúl González.AEP
photo_camera Raúl González.AEP

Raúl González Blanco volverá ao Real Madrid, esta vez para iniciar a súa carreira como adestrador e dirixir o equipo de xuvenís B.

O Eterno Capitán volve á casa na que deu os seus primeiros pasos como futbolista profesional para facer os seus primeiros primeiros pasos como técnico. En abril conseguirá a licenza como adestrador e o próximo curso collerá as rendas do equipo de xuvenís b, do que no seu día tamén foi capitán.

Movementos na casa branca

A entrada de Raúl e a eminente saída de Santiago Hernán Solari como técnico do Castilla marcan os dous extremos dunha cinta corredera na que Guti Hernández daría un salto do banco do xuvenís á o filial merengue, mentres que Álvaro Benito deixaría atrás o xuvenís B para facerse cargo do A.

Comentarios