Solari sitúa a Monforte, a terra da súa avoa, en Vigo

O adestrador do Real Madrid tivo un lapsus xeográfico ao explicar as súas orixes galegas

El entrenador del Real Madrid, Santiago Solari. EFE
El entrenador del Real Madrid, Santiago Solari. EFE

"Ante todo son arxentino e son español, teño as dúas nacionalidades. A miña avoa era de Vigo, de Monforte de Lemos, teño raíces galegas". Entre a cidade olívica e a do Cabe median 139 quilómetros de estrada e incluso unha provincia, a de Ourense, aínda que Santiago Solari non parece telo moi claro.

Polo menos esa impresión deu cando este mércores se fixo unha pequena lea coa xeografía galega ao responder a unha pregunta sobre como sentía ante a final da Copa Libertadores que se disputará en Madrid. O rosarino non dubidou en declararse "arxentino e español". E quixo situar tamén as súas raíces en Galicia, de onde era a súa avoa. Aínda que polo que parece non visitou demasiado a terra dos seus antergos. Ou, se o fixo, non lle quedou moi claro que Monforte pertence a Lugo e que Vigo está a máis de hora e media de viaxe e noutra provincia.

No vídeo, pódese ver o lapsus xeográfico de Solari a partir do minuto 11.

Comentarios