O Valencia quere fichar a Iago Aspas

É unha das prioridades do equipo che no seu regreso á Champions

Iago Aspas. SALVADOR SAS (EFE)
Iago Aspas. SALVADOR SAS (EFE)

Logo de penar nos últimos anos pola Primeira División, un renacido Valencia da man de Marcelino García Toral logrou esta tempada clasificarse para a próxima edición da Champions League. E entre as súas prioridades, segundo informa Superdeporte, está a de reforzar a súa dianteira con Iago Aspas.

O xogador do Celta, agora lesionado, está a callar unha sensacional tempada na que xa alcanzou os 20 goles anotados. Peter Lim, dono do club, xa daría o OK á fichaxe do de Moaña, unha incorporación que conta tamén co visto e prace do adestrador e do director deportivo.

Comentarios