Fiat Chrysler negocia a súa fusión con PSA

A compañía italo-estadounidense vén de retirar unha oferta para pactar con Renault
Centro de PSA, en Vigo.AEP
photo_camera Centro de PSA, en Vigo.AEP

A compañía automobilística italo-estadounidense Fiat Chrysler e a francesa PSA, fabricante de Peugeot, están a negociar unha potencial fusión que pode dar lugar a un xigante do sector valorado en 50.000 millóns de dólares, segundo adiantou este martes The Wall Street Journal.

O diario, que cita fontes coñecedoras do asunto, explica que as firmas están a barallar facer unha fusión entre iguais e que na empresa resultante compartirían o cargo de conselleiro delegado o actual executivo de Peugeot, Carlos Tavares, e o presidente de Fiat, John Elkann.

As negociacións son fluídas e pódense considerar outras opcións e condicións, dixeron as fontes ao WSJ, que engade que non hai garantías de que vaian alcanzar un acordo final.

Fontes de PSA consultadas por Efe en París declinaron dar detalles sobre a operación e declararon: "Non facemos comentarios de rumores dos mercados".

Fiat, á que Peugeot xa se achegou previamente cunha proposta de fusión, retirou hai uns meses unha oferta para combinarse coa rival desta, Renault, debido á falta de apoio do goberno francés e do seu socio Nissan.

A noticia transcendeu minutos antes do peche da sesión na Bolsa de Nova York pero os investidores acolleron positivamente a noticia e impulsaban máis do 7 % as accións de nbsp;Fiat.&

Comentarios