O expresidente do Popular Ángel Ron dirixe unha consultora financeira

O Santander reclámalle a devolución de 12,8 millóns da súa prexubilación

Ángel Ron. EFE
photo_camera Ángel Ron. EFE

O expresidente do Banco Popular Ángel Ron fundou en Madrid unha firma dedicada ao asesoramento en materia legal, financeira e económica para empresas e particulares. Constituída en outubro cun capital social de 3.012 euros, Berenguela Estudos Asesoramento e Investimentos ten ao exbanqueiro compostelán, de 55 anos, como administrador único.

Ron pilotou o Popular —no que desenvolveu a súa carreira tras chegar ao banco con 22 anos— entre 2004 e febreiro de 2017, cando foi relevado por Emilio Saracho. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago, deixou a entidade cunha pensión de 24 millóns de euros.

Aínda que reclamou unha indemnización por despedimento improcedente, un xulgado madrileño desestimou a súa demanda. Ademais, o Santander reclámalle a devolución de 12,8 millóns da súa prexubilación. A súa xestión está a ser obxecto de investigación por parte da Audiencia Nacional pola ampliación de capital de 2016 na que o banco captou 2.505 millóns de euros.

Comentarios