Fracasa a negociación entre a patronal e os traballadores da fábrica de Leche Celta

Desde a CIG aseguran que os delegados da empresa "non mostraron ningún interese por buscar un acordo"  Para este xoves estaba previsto o arranque dunha folga indefinida

Factoría de Leche Celta en Meira. AEP
photo_camera Factoría de Leche Celta en Meira. AEP

A reunión entre representantes dos traballadores e da dirección da planta de Leche Celta en Meira fracasou porque os delegados da empresa "non mostraron ningún interese por buscar un acordo", afirmou este mércores o sindicalista Christian López Carmona.

Responsable da Federación de Alimentación e Transportes de CIG, López Carmona asegurou que na reunión deste martes a patronal "saíu de casa sen diñeiro", deixouse a carteira" e mantivo "a súa limitada oferta", que perpetúa as diferenzas entre as condicións laborais de empregados de distintos centros de traballo dentro do mesmo grupo empresarial.

"Non se ve expectativa de solución, porque tampouco se ve interese por parte da empresa por chegar a un acordo, dado que está disposta a asumir o triplo de gasto", en canto ás perdas provocadas polas mobilizacións, "do realmente custaríalle pechar unha solución", engadiu.

O portavoz sindical afirmou que, a partir de agora, os traballadores terán que analizar fríamente o que esta sucedendo para tomar decisións sobre o calendario de mobilizacións

Por iso, o portavoz sindical afirmou que, a partir de agora, os traballadores terán que analizar "fríamente" o que esta sucedendo para tomar decisións sobre o calendario de mobilizacións previsto, dado que este xoves ía comezar unha folga indefinida na fábrica de Meira.

"Talvez estase utilizando esta protesta como unha forma para reducir o prezo do leite en orixe aos produtores. Ademais, a empresa tampouco demostra interese por manter o único cliente que ten, mentres aumentan as especulacións sobre unha posible venda da fábrica", precisou.

Por iso, dixo Carmona, os traballadores non poden exercer "de parvo útil" no que se refire aos intereses da empresa.

Comentarios