sábado. 04.12.2021 |
El tiempo
sábado. 04.12.2021
El tiempo

Galicia supera os 35.000 Ertes, que afectan a 224.636 traballadores

Un establecimiento cerrado por la crisis sanitaria. AIDA SOENGAS
Un establecimiento cerrado por la crisis sanitaria. AIDA SOENGAS

Un total de 224.636 traballadores galegos están afectados polos 35.024 expedientes de regulación temporal de emprego (Erte) presentados, atendendo aos datos da Consellería de Economía divulgados este venres.

A provincia de Pontevedra concentra 12.249 Ertes, que tocan a 78.015 persoas. Séguea A Coruña, con 63.494 traballadores en 13.557 Ertes. A máis distancia atópanse as cifras de Ourense, con 17.467 empregados en 4.154 expedientes de regulación, e Lugo, con 4.057 Ertes e 14.850 afectados.

En Galicia hai 1.007 Ertes autónomicos, que afectan a 18.413 traballadores. Os de índole estatal con repercursión na comunidade afectan a 32.397 traballadores.

O Executivo autonómico remarca que se resolveron máis de 30.000 expedientes, o 90% dos expedientes presentados.

Galicia supera os 35.000 Ertes, que afectan a 224.636 traballadores
Comentarios