O Goberno suprime o Iva ao material sanitario e protexe a despedidos en período de proba

O Consello de Ministros aprobou este martes un Real Decreto-lei con máis de 30 medidas económicas, entre as que se inclúe prorrogar durante dous meses o carácter preferente do teletraballo
A vicepresidenta terceira e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Nadia Calviño. EFE
photo_camera A vicepresidenta terceira e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Nadia Calviño. EFE

O Consello de Ministros aprobou este martes a exención do pago de Iva para a subministración de material sanitario a institucións públicas e a baixada ao 4 % do de libros e prensa en formato electrónico, informou a vicepresidenta de Asuntos Económicos, Nadia Calviño. Trátase de dúas das 30 medidas económicas incluídas nun Real Decreto-lei aprobado este martes.

Na rolda de prensa posterior ao Consello, Calviño precisou que a redución a cero do Iva da subministración de material sanitario de produtores nacionais a entidades públicas, sen ánimo de lucro e centros hospitalarios permitirá aforrar máis de 1.000 millóns de euros.

Detallou que esta baixada do Iva está en liña coa redución dos aranceis por parte da Unión Europea e ten obxectivo de garantir a igualdade de trato entre produtores nacionais e estranxeiros.

Así mesmo, incluíuse no real decreto-lei a redución do Iva de libros, revistas e xornais electrónicos, que ata agora era do 21 %, para adaptalos á tributación daqueles de papel, que é do 4 %. 

PROTECCIÓN A DESPEDIDOS EN PERíODO DE PROBA. Ademais, o Goberno ampliou a cobertura da prestación por desemprego a máis traballadores, como os despedidos durante o período de proba dun novo traballo ou aos que non poidan incorporarse a un novo posto por mor desta crise do Covid-19.

Segundo explicou este martes a vicepresidenta económica, tamén se incrementou o ámbito de aplicación dos ERTE por causa de forza maior en sectores considerados esenciais que tamén viron reducidos os seus ingresos.

Segundo detallou o Goberno, a forza maior dunha actividade esencial poderá ter carácter parcial e non estenderse, xa que logo, a todo o persoal dunha empresa.

Tamén se reforza a protección dos traballadores fixos descontinuos que poderán incorporarse aos ERTE ou percibir unha prestación aínda cando esgotasen o desemprego.

Estes traballadores terán unha prestación de 90 días independentemente de que consumisen o seu desemprego ou de que cotizasen.

TELETRABALLO, PREFERENTE. Xunto a isto prorrógase dous meses o carácter preferente do traballo a distancia, así como o dereito de adaptación do horario e redución da xornada.

O obxectivo de todas estas medidas é seguir protexendo a traballadores nesta crise, subliñou Calviño quen avanzou que haberá medidas de financiamento especificas para as empresas que están a apostar polo teletrabajo.

INSPECCIÓNS DE TRABALLO. Acordouse suspender prazos no ámbito de actuación da Inspección de Traballo e Seguridade Social, salvo nos casos nos que a intervención do organismo sexa necesaria para garantir a protección do interese xeral ou por estar relacionados co Covid-19- e reforzar os mecanismos de control e sanción para evitar comportamentos fraudulentos na percepción das prestacións.

Haberá unha sanción específica aplicable ás empresas que presenten solicitudes fraudulentas para a obtención de Erte que ademais e obrigarase ás empresas a devolver as prestacións indebidamente percibidas polos seus traballadores.

SECTOR AGRARIO. O Executivo tamén acordou a redución das cotizacións para determinados traballadores agrarios durante os períodos de inactividade en 2020.


ALUGUER DE LOCAIS COMERCIAIS. O Goberno aprobou un mecanismo para a renegociación e adiamento do aluguer de locais comerciais, así como a redución dos gastos de notario de préstamos non hipotecarios.

Polo que respecta aos alugueres de locais comerciais establécese un mecanismo de renegociación e adiamento dos alugueres a grandes tenedores ou empresas públicas.

No caso de que o local comercial sexa propiedade doutro tipo de arrendador, como particulares, facilítase o uso da fianza como mecanismo de pago, debéndose esta repor no prazo dun ano.

LÍNEA DE AVAIS DO ICO. Calviño destacou ademais a posibilidade de que a liña de avais do ICO, que se eleva a 100.000 millóns de euros, poida usarse para cubrir pagarés de empresa e reforzar así as sociedades de garantía recíproca das comunidades autónomas.

Ademais, habilítase ao Consorcio de Compensación de Seguros para que actúe como reasegurador dos riscos do seguro de crédito, con obxecto de mellorar os recursos do crédito comercial, garantir a continuidade das transaccións económicas e achegar seguridade ás operacións comerciais.

Co propósito de reforzar o financiamento empresarial, amplíase a cobertura da liña de avais do ICO para cubrir pagarés do Mercado Alternativo de Renda Fixa (MARF), fomentando así o mantemento das fontes de liquidez proporcionadas polos mercados de capitais.

E tamén auméntase a capacidade das sociedades de garantía recíproca, das comunidades autónomas, mediante un reforzamento dos reavales concedidos pola Compañía Española de Reafianzamiento (CERSA) ata o 31 de decembro de 2020.

RESCATAR FONDOS DE PENSIÓNS. O decreto refírese tamén aos requisitos para rescatar fondos de pensións, como os prazos e o importe máximo do que se pode dispor.

Tamén inclúe reducións ou exencións, en casos xustificados, de diversas taxas portuarias. 

Comentarios