Hijos de Rivera distribuirá en España e Portugal as cervexas de Budejovicky Budvar 

A cervexeira checa produce Budvar Orixinal e Budvar Dark

Unha das cervexas de Budejovicky Budvar. HIJOS DE RIVERA
photo_camera Unha das cervexas de Budejovicky Budvar. HIJOS DE RIVERA

Hijos de Rivera incorpora á súa oferta de distribución as cervexas checas de Budejovicky Budvar, que comercializará en exclusiva en España e Portugal coas cervexas Budvar Orixinal e Budvar Dark, tanto na canle da hostalería como no de alimentación. 

O director comercial de Hijos de Rivera, Francisco Ucha, destacou que a cervexeira española está "orgullosa" de que unha empresa da traxectoria e o "prestixio" de Budejovicky Budvar deposite en Hijos de Rivera a súa confianza á hora de comercializar as súas referencias na Península Ibérica. 

"Para nós supón un importante respaldo ao noso proxecto de distribución que vén avalado nos últimos anos tanto pola excelente acollida dos nosos clientes, como pola constante incorporación de novas propostas cervexeiras de alto nivel á nosa oferta", sinalou Ucha. 

A cervexeira Budejovicky Budvar fundouse en 1895, na República Checa. Na elaboración das súas cervexas mantén a fidelidade ás materias primas checas, como a malta de cebada cultivada en Moravia, o lúpulo variedade Zaetec (Saaz), a súa cepa de fermento exclusivo e a auga dos seus propios pozos. 

Comentarios