domingo. 05.12.2021 |
El tiempo
domingo. 05.12.2021
El tiempo

Facenda xa acordou a devolución de 5 millóns a 13.967 contribuíntes en Galicia

Imelda Capote. ARCHIVO
Imelda Capote. ARCHIVO

Prevese a presentación de 1.308.099 declaracións

A Axencia Tributaria en Galicia acordou ata este xoves a devolución de cinco millóns de euros 13.967 contribuíntes que presentaron a declaración do Imposto sobre a Renda nos primeiros dous días de campaña correspondente ao ano 2018.

A delegada especial da Axencia Tributaria en Galicia, Imelda Capote, explicou este xoves os datos relativos á Campaña da Renda de 2018, na que se prevé a presentación de 1.308.099 declaracións, das que 906.342 terán dereito a devolución por importe de 596 millóns de euros. Pola contra, 328.992 sairán a pagar 465 millóns de euros.

Un total de 56.766 persoas presentaron en Galicia a declaración nos dous primeiros días tras a apertura do prazo para realizar este trámite, das que 51.504 solicitaron devolución.

Por delegacións territoriais, A Coruña recibiu a día de hoxe 26.104 declaracións, un 18,4 % máis; en Lugo presentáronse 5.043, un 19,16 % máis; en Ourense, 5.043, un 15,67 % máis; en Pontevedra, 10.800, un 25,6% máis; e en Vigo, 9.776, un 19,16 % máis.

Facenda xa acordou a devolución de 5 millóns a 13.967 contribuíntes...
Comentarios