Mercadona contratará a 300 persoas en Galicia para a campaña de verán 

A empresa reforzará o seu persoal con 9.000 contratacións en toda España durante os meses estivais 

Trabajadores y clientes en un supermercado Mercadona. AMA
photo_camera Traballadores e clientes nun supermercado Mercadona. AEP

A empresa Mercadona levará a cabo 300 contratacións na Comunidade galega para a campaña de verán de 2018, que se inicia no mes de maio e finaliza en setembro. 

A compañía amplía o seu persoal durante estes meses, época que coincide coa chegada de turistas e coas vacacións do resto de traballadores, o que no conxunto do país suporá a contratación de 9.000 persoas. 

Segundo un comunicado de Mercadona, estes novos traballadores reciben un salario neto de 1.132 euros/mes e formación adaptada ao posto de traballo. Este ano a compañía reforza a contratación para a campaña de verán respecto ao anterior, cando contratou a 7.000 persoas. 

O director de Contratación de Recursos Humanos, José Elías Portalés, destacou que o obxectivo de reforzar o persoal actual de 84.000 traballadores é ofrecerlle aos clientes "o mesmo servizo excelente que reciben o resto do ano cando compran a diario nas máis de 1.600 tendas que temos repartidas por toda España". 

Comentarios