O avogado de Puigdemont: "Sempre tiven plena confianza na xustiza alemá"

A Audiencia Territorial de Schleswig-Holstein descarta o delito de rebelión e deixa ao expresident en liberdade baixo fianza

El abogado de Puigdemont, Jaume Alonso Cuevillas. QUIQUE GARCÍA
photo_camera El abogado de Puigdemont, Jaume Alonso Cuevillas. QUIQUE GARCÍA

Jaume Alonso-Cuevillas, o avogado do expresidente catalán Carles Puigdemont, afirmou este xoves que sempre tivo "plena confianza na xustiza alemá", que este xoves acordou rexeitar a extradición do seu cliente por un delito de rebelión, ao non apreciar violencia no proceso independentista.

A Audiencia Territorial de Schleswig-Holstein, no norte de Alemaña, descartou este xoves o delito de rebelión na petición de extradición a España de Puigdemont e deixouno en liberdade baixo fianza mentres estuda a entrega por malversación.

Segundo o tribunal, a sala primeira do penal considera en principio que a imputación por rebelión que pesa sobre Puigdemont é "inadmisible", xa que o delito que podería ser equiparable en Alemaña, o de alta "traizón", non pode aplicarse porque non se cumpre o requisito da "violencia".

Sempre havia dit que mantenia plena confiança na justícia alemanya. #Seguim
A justícia alemanya deixa Puigdemont en llibertat i descarta o delicte de rebel·leou https://t.co/wfDlgziY9f<> — J. Alonso-Cuevillas (\JaumeAlonsoCuev) 05 abril 2018<>

"Sempre dixera que mantiña plena confianza na xustiza alemá. Seguimos", indicou Cuevillas en Twitter, poucos minutos despois de que transcendese a resolución da xustiza alemá.  

Comentarios