Atopan un neno de 11 anos aforcado na súa casa de Eivissa

Mantéñense abertas todas as hipóteses, incluso a dunha morte accidental
Una patrulla de la Guardia Civil. ADP
photo_camera Una patrulla de la Guardia Civil. ADP

A Garda Civil investiga o falecemento dun neno de 11 anos que foi atopado aforcado na súa vivenda do barrio de ses Païsses, na localidade de Sant Antoni, na noite do mércores, informou a Oficina Periférica de Comunicación (OPC) da Garda Civil de Baleares. 

Agora, os axentes investigan a contorna do menor para esclarecer este feito, sobre o que se manteñen abertas todas as hipóteses, incluso a dunha morte accidental, informaron a Efe fontes próximas á investigación.

O menor falecido, de 11 anos, era o maior de tres irmáns, Os outros dous, máis pequenos, son xemelgos. 

Comentarios